Type in Motion.
O pasado venres os alumnos de plástica acudimos á Barrié como motivo da exposición de Type in Motion.
Como eu non sabía ao principio de que ía a cousa, supoño que vos tampouco asi que vouvos explicar un pouquiño. Esta mostra ofrecía un panorama da escena crativa internacional presente hoxe en día nos medios de comunicación. A exposiciónn aproximounos a un inxenio e creatividade impresionantes e ampliou a nosa visión de como ler o mundo.
Seguro que todos vós vos atopáchedes algunha vez con palabras ou frases enteiras que se moven diante dos vosos ollos nos televisores. Ben, pois Type in Motion mostra unha selección de vídeos musicais, películas publicitarias, cortametraxes, trailers, logotipos...
Eu voume centrar en falarvos das cortametraxes. Estes son moitas veces experimentais. En Dialogue Poirier imprimiu texto directamente sobre tiras de películas de 16 e 36 mm, bandas sonoras incluídas, polo que tanto a imaxe como o son veñen determinados polo texto. Mediante a utilización dunha densa montaxe de imaxe, fonte, palabra e son no seu ensaio fílmico The End of Print David Carson explora os límites da lexibilidade e ao mesmo tempo aboga, con ironía, polos medios dixitais.
No vídeo musical The Child, do estudio francés H5, os personaxes, os obxectos e os edificios constrúense na súa totalidade con palabras. No cortametraxe de cine negro Logorama os personaxes publicitarios animados móvense por un Os Ánxeles ficticio, construído con centeares de logotipos polo mesmo estudio.
Ao rematar de ver a exposición fixemos un pequeno taller, onde por grupos fixemos unhas cortametraxes cheas de imaxinación. Como a min me encantou recomendovos que a vaiades ver xa que é realmente entretida.
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.