Moi boas rapaces e rapazas!
Hoxe vouvos volver a contar un pouco a historia dos coches de antes, eses que seguro que dis que son feos, vellos, inútiles e que so serven para facer ferralla. Que por que digo o de volver a contar? Por que xa lles dei a vara aos compañeiros de 4ºB haberá agora xa dúas semanas, pero segun entendín gustoulles, así que vamos intentar facelo o mellor posible para non quedar durmidos lendo.
O primeiro dos que vos vou falar e o Seat 600, un coche indispensable para falar da España da posguerra. É moi difícil atopar a alguén maior de 35-40 que non che diga:-'' Si home!, se meu pai tivo un.'' E que din pai ... di cuñado, tío, veciño, ou coñecido de vista. Pero a cousa e que o 600 era o coche mais popular da época.
O diseño era Italiano e o motor español, da SEAT para ser exactos, o malo e que ao levar o motor na traseira (como os Ferrari e os Porsche) sempre tiña o problema da refrixeración, sempre se quentava demasiado ou ben por que era Agosto ou ben por que iva cargado con 6 persoas e 7 maletas no teito. Volvendo ao motor dicirvos que era moi moi pequeno, pero tiña potencia e consumía pouco, que iso era o esencial, outro dato é que de avariarse no camiño sempre podías comprar unha peciña na farmacia ou na panadería pero era moi difícil que se escarallara. Para rematar co clásico e simpático español direivos que custaba 65.000 pesetas e que tiña unha lista de espera mais longa que a cola do paro de hoxe en dia, pero iso si, se o señor cura che botaba unha man conseguíalo en 2 semanas, cousas de Franco...
Canción do Seat 600
O seguinte vai ser o Renault 4, do que vos pode dicir que é duro coma unha pedra, e non o digo por dicir, meu pai tivo un nunca lle deu un problema.
Tamén se lle coñece co nome de Catro Latas, por que a chapa da carrocería era un pouco delgada, co cal parecía de lata de sardiñas. O deseño era do mais simple pero innovador e a xente gustoulle, así o demostran as súas ventas e o seu período de fricación (1961-1992). Fai pouco cumpriu 50 anos e Renault fíxolle unha pequena festa-homenaxe na que expoñeron moitos Catro Latas, a cada cal mais raro. Antes de pasar a outro coche gustaríame dicirvos que hoxe en dia e moi frecuente velos pola rúa, demostrando así a súa dureza e fiabilidade.
Un Renault 4 a 290 Km/h!!
Agora tócalle ao 2CV, un coche que para o meu gusto ten tanto de bonito como unha neveira por detrás, pero gustos aparte falareivos un pouco da súa historia. É francés, como o R4, e foi deseñado antes da 2º G.M. aínda que non se empezou a fabricar ata ter rematada esta, Era moi barato de producir, entre outras cousas por que os asentos eran 2 ferros cun cachiño de lona, non tiña teito senón un cacho de lona, o motor era de moto, e a suspensión estaba pensada para envorcar e non para absorber as irregularidades do terreo.
Pouco mais vos podo contar deste francés, so que se venderon mais de 5 millóns de unidades e que se fabricou ata 1990, aínda que non era moi fiable por culpa da suspensión.
Gracioso anuncio do Citroen 2CV
E para rematar, algo da terra, o Simca 1000, un coche que foi producido por Barreiros, unha empresa que naceu nun pequeno taller de Lugo e que acabou competindo con grandes marcas do motor da época. O simca e de deseño francés pero de motor español, era moi pequeno por dentro pero grande por fora o que o facía ser un dos coche menos demandados, pero a xente gustoulle polo feito de non ser coma o resto, nin era feo, nin se quentaba nin nada polo estilo, era un coche e punto.
De Barreiros dicirvos que naceu en Lugo e dende moi pequeno empezou a traballar como mecánico e xa de mozo comezou a transformar motores de gasolina en motores diesel, unha innovación brutal xa que estes motores eran mais fiables e económicos, así o agro de toda España pero en especial o galego sufriu un gran avance económico, o que fixo que Barreiros se puidera expandir.
Canción do Simca 1000
Pola miña parte non vos podo contar moito máis...bueno, en realidade si, pero a entrada seria mais longa que a Biblia asi que mellor parar non?
Deica-logo, e xa sabedes, preguntádelle a vosos pais ou avós sobre estes coches e xa veredes como sempre hai algún relacionado cunha boa historia.
2012/06/13
Os coches de antes.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
noto en falta unha pouca máis de información sobre Barreiros....
ResponderEliminarDescoida, xa estou traballando para mellorar a información.
ResponderEliminar