2012/06/15

ROCK POR TODOS LADOS

Se hai algo que nos sobre actualmente, que non son moitas cousas, é o rock. Porque... quen dixo que xa se perdera todo o que se avanzou nos anos 60 e 70? Que non te enganen que esto só é o comezo! Só en Galicia xa nos podemos encontrar uns cantos grupo que non lle teñen que envexar nada a algúns artistas nacionais, é o caso dos que vou a citar a continuación:

RUXE-RUXE: xa son 16 anos os que levan xuntos tocando, aínda que ata 1999 non publicaron o seu primeiro álbum. Este é un dos exemplos máis claros dos grupos que dicía antes, porque son auténticos de verdade e sóbralles espírito.



MACHINA:  califícase como unha das referencias do metal en Galicia, porque practicamente desde que se coñecen teñen éxito por Galicia enteira. O seu novo traballo "Ensaio sobre o silencio" está a arrasar máis aída, xa que o que caracteriza a este grupo é arriscar e arriscar, porque, como din eles, "Se non arriscas, non gañas".


ZËNZAR: eles contan cunha longa traxectoria, pois xa no ano 1987 andaban tocando polos pubs adiante. Este ano, co seu 25 aniversario sacan un novo álbum ,"Vaise armar", que triunfa de novo e os leva ao gran éxito que hai tempo que non tiñan.


 Os tres grupos non perden o tempo e seguen coa mesma enerxía coa empezaron a pesar de pasar xa uns cantos anos. Ademáis ningún deles traballa por diñeiro,  só porque lle gusta o seu oficio e, aída que sexa difícil vivir diso, non é imposible.

Deberíamos tomar nota e unirnos ao seu grupo, porque o que se necesita hoxe por hoxe é o que eles teñen, espírito de seguir para adiante, porque se queres, podes.

1 comentário:

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.