2011/10/20

Corredores de Sombra


O libro que lin para galego chámase Corredores de Sombra, o seu título parecíame interesante e misterioso, o que me causou unha boa impresión do libro, gustoume moito que a protagonista, Clara, tivese case a miña idade, porque así sentinme identificada con algúns feitos que a ela lle ocorrían.
Este libro, ademais, é especial porque non empeza cun relato aburrido que che quita as ganas de ler, como a maioría, este empeza nos primeiros capítulos co feito de atopar un esqueleto tapiado entre dúas paredes dun prestixioso pazo.
Clara, unha das fillas do dono do pazo coñeceu a Miguel, un rapaz pobre que gañaba a vida como podía, e os dous namoraronse; xuntos viviron unha fermosa relación que acabou ao remate das vacacións do verán, pero foi moi romántico que loitasen contra a diferenza de clase que había entre os dous.
Os anciáns que describían os feitos da guerra e ían revelando o misterio do esqueleto ensináronme o duro que foi sobrevivir a eses anos, nos que sempre vives co medo de recibir a noticia dun familiar morto ou préso, sobrevivir ós anos de silencio, nos que para poder ler, tiñas que agochar os libros, pois se os atopaban, queimabánnos.
Non me esperaba o final, eu cría que o asasino fora outro e sorprendeume coñecer a frialdade que ás veces ten a xente.
 Por todo iso vos recomendo este libro, se o ledes espero que vos guste.

3 comentários:

  1. -esta bén... quédanlle pequenos retoques
    -pode sobrar o primeiro parágrafo, polo menos tal como está
    - comezar xa creando ... (fóra :) usar algún conector para introducir o tema
    - reorganizar os parágrafos do comezo: hai ideas pero mal dispostas no texto: cómpre facer outro puzzle e usar conectores.
    pensa 3 parágrafos
    ou catro, se é pequeno

    ResponderEliminar
  2. ollo! enlaces interesantes que amplien o texto (hipertexto)

    ResponderEliminar
  3. Anónimo27.10.11

    Parece un libro interesante,espero que o vaiamos a ler no club de lectura.
    Serxio Suárez.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.