2011/10/26

o noso pasado

Mario Bros
Creo que todos coñecemos este fabuloso personaxe de videoxogos de nintendo, polo menos a min acompañoume durante toda a  infancia.  


Empecei a xogar con el aos 5 anos coa game boy en branco e negro, e despois dun tempo pasamos a game boy color ¡ esas si que eran boas máquinas!
Miña irmá xa xogaba coas primeiras consolas que se inventaron por nintendo e xa habia o supermario bros e xa van polo menos 25 anos...


A estas alturas xa temos a Wii na que evolucionou moito a presentación de Mario que cada vez  faise mais cotiá .
Este personaxe é creado en 1983  por uns xaponeses.
Este xogo consiste en rescatar a princesa Peach que case sempre é raptada por Browser, unha especie de tartaruga dragón .


Mario ten un irmán Luigi que é moito mais alto ca el é ten o peto verde ao contrario de Mario que o ten vermello,os dous son fontaneiros e levan unha aventura moi longa eperemos que siga así.

5 comentários:

  1. Este está moito mellor. Lástima dos signos de puntuación e das maiúsculas!
    Esquematiza o texto e organiza a información en 4 parágrafos. Redacta de novo.

    ResponderEliminar
  2. Anónimo27.10.11

    Sara é moi guay que escribiras sobre os xogos de Mario,xa que a parte de ti,a maioría da xente medrou con os xogos de Mario(incluído eu)pero o vídeo que puxeches non e moi divertido que digamos.
    Bicos.
    Serxio Suárez.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo17.11.11

    A tartaruga dragón non se chama Broswer que eu sepa, investiga un pouco mellor

    Alberto

    ResponderEliminar
  4. Anónimo17.11.11

    Na octava liñate equivocaches ao poñer ´´a mi acompañoume... ´´ cando tería que ser ``a min acompañoume...´´.


    Alex

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.