2011/10/24

Un destino.

Diario dun Meniñeiro.




Ela estaba sentada no asento do coche cunha cara triste, coma se preocupáselle algo. Nese momento pensei en que podería ser o anuncio de trafico que vin ao seu lado antes de saír de casa. Tenia en conta todos os xestos da súa cara. Cada vez que nos achegabamos a unha curva a súa cara pasaba de seria a preocupada cunha rapidez que nin eu tiña. 


Ía vestida de branco e levaba na súa boneca dereita unha pulseira que lle oíu dicir que lle traía sorte. Sempre a levaba aos exames, e os seus pais nunca a rifaban cando traía as notas, así que supoño que será certo. Eu non son nada mais que un pequeno do que pasa todo o mundo, supoño que vou necesitar unha desas pulseiras haber se teño mellor sorte un día destes.
Non sabia o por que de que estivésemos de viaxe. Importábame moito xa que quería saber se nolo iamos a pasar ben ou só iamos facer algo aburrido. Así que empeza a miña misión de chegar á parte dianteira e botarlle unha ollada ao mapa que compramos na gasolineira. 
O noso destino é Portugal. Eu nunca e ido de viaxe a un sitio tan afastado da miña terra. Sempre andaba de aldea en aldea, de pobo en pobo, pero sempre en Galicia. Nunca me atrevín a ir á cidade polas lendas que contan os meus compañeiros. 

Dixéronme que non cren en nós, e a verdade, se escoito dicir iso a un humano me aria moito dano. Así que se en Portugal imos visitar unha cidade, eu quero abrir a porta do coche e saltar agora que estou a tempo. Non o vou a facer por esta nena que ten cara de asustada. 
Un pouco de maxia neste lado, agora destoutro, un pouco de burla aos seus pais e búlaa¡, sáltalle un sorriso da nada. É como un bebe, sempre consigo que sorría teña os anos que teña.

Pasan as oras e segue igual de feliz, nin un momento a posto esa cara de preocupación tan fea. E é que aparte do meu alégralle unha chea ler libros das miñas historietas e as miñas viaxes, sempre leva unha mochila cun mínimo de 10 libros con diferentes títulos. Normal que pasen as oras como minutos.
Xa chegamos ao noso destino, e como me quede durmido mentres lía un pouco, pois non e visto o sinal de benvida que pon nas cidades co seu nome.




2 comentários:

  1. Anónimo27.10.11

    Tes alguns erros claros, como tiña ou a falta de 'h' nalgunhas palabras.

    Isa :)

    ResponderEliminar
  2. http://cuartoesoieselvina.blogspot.com/2011/06/komunicovos.html

    REVISA ESTA ENTRADIÑA DO CURSO PASADO, E FAI ALGO HARMONIOSO, INFORMATIVO, DÁ A COÑECER AS POSIBILIDADES DESTA PÁXINA

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.