2011/11/06

A miña planta de laranxa lima.

A miña planta de laranxa lima...Este título non suxire nada máis alá do que é unha simple planta de laranxa lima. En cambio, cando comecei a lelo e a miña curiosidade amedrentou, a miña opinión sobre o título cambiou, xa que esa fermosa planta tiña moito que ver na historia...

A miña relación coa lectura é moi boa e ampla xa que dunha vez que o libro me engancha, non hai quen mo quite das mans. E como non, este libro espertou o meu interese dende a primeira ata a última páxina. Sendo sincera, foi o primeiro que provocou en min tantas sensacións e emocións xuntas e co que me puxen na pel do protagonista sentindo así, a súa dor.

E falando do protagonista...Zezé é un neno de cinco anos que dende o meu punto de vista é un pouco incomprendido pola xente que o rodea. O interese deste cativo de tan curta idade en descubir mundo e aprender cousas é asombroso, así como a súa imaxinación, que non ten límites. É un personaxe moi sensible e cun corazón de ouro,aínda que ninguén llo diga moi a miúdo.

A historia que narra José Mouro de Vesconcellos, autor deste libro, introducíome nun lugar totalmente diferente do meu entorno e sumerxíome na máis mísera pobreza e infelicidade. Zezé fai trasnadas como calquera neno de cinco anos pero a xente maior que él, veno como un demiño e non reparan en que é un rapaz moi bo e que non se merece a maioría dos castigos.

Pero grazas a Minguiño,que así se chama a súa planta de laranxa lima coa que mantén tantas conversas, e o Portugués, Zezé descobre o que é unha verdadeira amizade  e o cariño que ninguén máis lle da.

Recomendo sen ningunha dúbida este libro porque te adentra nunha historia chea de sensibilidade e da que seguro que non sodes capaces de escapar unha vez que o comecedes a ler.

3 comentários:

  1. Anónimo9.11.11

    :)
    Ola Alba :P
    Lin o tua entrada, e a verdade, gustoume moito. Polo que ti dis, eu entendo que e como se o libro te quitara uns anos e volveras a ser un cativo/a, pero para afirmarlo teño que leelo.
    O que te aconseño e que quites a frase do principio que se repite tanto, de forma que a leelo non se te quede resoando na cabeza. Con unha vez, na miña opinion seria suficiente :P

    Héctor

    ResponderEliminar
  2. Anónimo18.11.11

    Miña xoia encantoume a entrada! A única pega que lle vexo e que a maneira dos parrafos amola un pouquiño, e faise algo largo. Na miña opinion se o compactaras un pouco quedaría perfecto.
    Botote de menos Albiña, espero recuperarme dunha vez e volver a clases. Espero que estes ben, vamos máis te vale!
    Un bico moi forte parruliña!
    att:Marta.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo18.11.11

    Hector, seguin o teu comsello e quietei a primeira frase que se repetía :)

    Maaaaaaaaaaaaarta! A min gustame como quedou,na miña opinión non se fai moi pesado pero terei en conta a tua recomendación para futuras entradas :)
    Eu tamen te voto moitísimo de menos e espero que volvas pronto que as clases non son o mesmo sen ti :D

    att: Alba

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.