Escollín este cadro para falar del debido a que estamos dando ao seu pintor en plástica e tamén ten moito que ver co que estamos a dar en galego.
O pop-art é un movemento artístico que xorde a finais dos anos cincuenta en Inglaterra, caracterízase polo emprego de imaxes e temas tomados do mundo da comunicación de masas e aplicados á arte da pintura.
A simple vista todos podemos apreciar que a retratada no lenzo é Marilyn Monroe. O que caracteriza a Andy Warhol (autor deste cadro) é o xogo de cores que fai con obxectos ou, neste caso, persoas. El é o creador do chamado pop-art e é un dos máis importantes pintores da súa época debido a que salía do que anteriormente se vira, xa que, agora os que retrataban imaxes de persoas sen máis estaban dentro do círculo do normal . Á xente iso non lle chamaba a atención porque existían cámaras fotográficas para cumprir esa función, agora necesitábase algo máis, e ese algo máis sacouno á luz Andy Warhol con cadros coma este que o artista vendeu cunha cifra de 28 millóns de dólares. Outro dos seus cadros máis famosos son "Latas de Sopa Campell" e retratos de famosos coma Elvis Presley, John Lennon, Michael Jackson, Mick Jagger, etc.
En resumidas contas, que idolatro a este gran home, aportou un cambio importante na arte mundial e creo que se lle debe de ter máis que en conta.
Os enlaces non son moi completos pero foron o único que encontrei.
ResponderEliminarRosalía
seguro que atopas ligazóns a imaxes dos cadros que citas....
ResponderEliminarhttp://www.youtube.com/watch?v=ulZ64VDhwXM&feature=player_embedded
él: non lle fai falta acento diacrítico
- os demostrativos- non levan til
tal vez falte unha introdución sobre o pop-art
e darlle un rexistro máis formal.
falamos
http://www.youtube.com/watch?v=_UGUYiU8BDQ&feature=player_embedded#!
ResponderEliminarXa o corrixín o do "Él" foi un despiste... E o resto intentei transformalo da maneira que me pediches, puxen a ligazón dun dos vídeos na entrada, están os dous moi ben.
ResponderEliminarRosalía