Entre outras cousas foi empresario español, pintor, diseñador, editor... algunas destas aficcións herdounas do seu pai: Camilo Díaz Baliño que se reunía na súa casa con Otero Pedrayo, Castelao, Cabanillas, etc. para falar os temas relacionados coa organización das Irmandades da Fala mentres que o seu fillo facía o mesmo pero co Seminario de Estudos Galegos. Camilo foi fusilado ao pouco tempo de comezar a Guerra Civil Española. A partir desto Isaac tivo que ir a vivir a casa do seu tio Indalencio, na nosa cidade e máis tarde adicaríase a rotulación.
Co tempo interesouse máis pola cerámica e foi uníndose a diversos grupos de artistas alfareiros, un dos grupos máis importantes é o de Sargadelos (o creador foi Antonio Raimundo Ibáñez Llano y Valdés )do que foi director e administrador e onde estivo involucrado case ata o último dos seus días, pouco a pouco foi sendo excluído do grupo.
Podemos destacar de entre as súas obras... Xente do meu Rueiro, O ángulo de pedra, Galicia Hoy (xunto con Luis Seoane que tamén aportou a súa axuda no Laboratorio de Formas de Galicia), Paco Pixiñas (con Celso Emilio Ferreiro), El Marqués de Sargadelos, Castelao, etc, ademáis dunha gran cantidade de artículos en periódicos, como a La Voz de Galicia.
Se queredes coñecer un pouco máis de este home premede aquí.
E para aqueles aos que non vos guste ler moito aquí tendes:
Sem comentários:
Enviar um comentário
Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.