2012/02/01

Morre Xosé Seivane

Nacido en Fonmiñá, A Pastoriza (Lugo), en 1921, foi o creador do Selo Seivane e o iniciador de "unha das sagas de artesáns e artistas máis recoñecidas dentro do mundo da gaita".

No seu taller de Cecebre (Cambre, Galicia) construíu gaitas reclamadas desde os máis remotos lugares do mundo. Xosé Manuel Seivane, falecido a piques de cumprir os 91, foi gaiteiro e artesán desde que, con 18, decidiuse por un oficio alleo á súa tradición familiar. Aos 15, tras recibir unha gaita dos seus pais como agasallo, fíxose cunha enciclopedia de artesanía e un torno de ballesta e probou a fabricar outra. De forma autodidacta foi mellorando o instrumento e achegándolle un grao de perfección antes descoñecido.
Pero o apelido Seivane non deixara de soar no mundo, dado que a súa neta, Susana Seivane é unha das mellores gaiteiras do mundo.

Este 2012 esta vindo cheo de mortes non vos parece? Díaz Pardo, Fraga e agora Seivane, esperemos que remate aquí.

3 comentários:

  1. boto en falta un enlace ao obradoiro de gaitas

    ResponderEliminar
  2. non vexo a túa man
    personaliza a entradiña

    ResponderEliminar
  3. e por que non un enlace en Díaz Pardo- pode ser á entradiña do noso blogue

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.