2012/01/28

Peaxes de Santiago Lopo

     Algunha vez pensaches como é o traballo da persoa que cobra nas peaxes ? Que fai cando ninguén pasa pola súa cabina? Pois este libro conta a maneira tan divertida que ten un cobrador para pasalo tempo.  Esta persoa, que non  nos din o seu nome, escribe historias da xente que pasan a diario: A teoría dun traficante con contas pendentes, o amor da súa vida, o conflito dunha parella na relación.... pero pouco a pouco vai coñecendo mellor a os personaxes e resulta que a súa imaxinación non estaba moi afastada da realidade...
Para min foi un libro moi fácil de ler e moi entretido, xa que pasan polo camiño innumerables  vehículos estraños, e sempre din que canción anda a escoitar o condutor.  Encantoume a actitude prexuiciosa que demostra con cada un dos que pasan fronte a súa cabina e o mellor sen dúbida foi o final, no que cumpre por fin o seu soño.


   

1 comentário:

  1. Anónimo29.1.12

    Ten boa pinta, é do mesmo autor de libro que eu escollín.

    Alex

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.