2012/02/12

Ninguén- Fran Alonso

Para que mentirvos?
A verdade, non lle aconsello este libro a ninguén (como xa di o título).
   Non se trata nin dos peores nin dos mellores libros que lin pero... non estiven a gusto.
O comezo a simple vista tíñame boa pinta pero despóis pouco a pouco cando o fun lendo xa cambie de opinión.

Por se vos interesa... Cada capítulo componse dunha historieta e dun hoax e moitos de vós preguntaredesvos... Que é un hoax?
Pois ben, un hoax  é unha palabra inglesa que se traduce como: farsa.
No libro fala de varios tipos de hoax nas redes sociais como son as típicas mensaxes en cadea que dín:
<Se non mandas isto antes de media hora a vinte contactos morreras> , ou esas de...
<O meu nome é Pilar Blabla e un día encontreime un alienixena pero mandei esta mensaxe e tiven boa sorte, se non queres ter mala sorte mandaá xa, e non a elimines se non a Morte chamará a túa porta>

Rapaces, non, non é verdade nada do que vedes nas redes, todo son hoax!
(Paréceme máis interesante o das farsas que o libro)

En canto a forma de escribir, utiliza tanto vocabulario cotía coma un pouco "rebuscadillo" e as historias para o meu gusto acontecen demasiado despacio.

Quen sabe... igual a vós vos gusta. Se queredes coñecer a vida do autor premede aquí.


3 comentários:

  1. moi ben
    por que non profundizas no que non che permitiu sentir a gusto... non será o que pretende o autor:
    que tema cres que trata? ...
    visita: http://falemosdelecturas.wordpress.com/category/xaneiro-ninguen/
    son interesantes os comentarios...
    bota unha ollada....
    a ver ...

    ResponderEliminar
  2. Investigar sobre os hoax pode ser unha boa entradiña para XIADA

    ResponderEliminar
  3. http://trafegandoronseis.blogspot.com/2012/02/transicion.html

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.