2012/02/23

O Houdini de Portomarín

Alá polo 1885, en Portomarín, naceu Manuel Rodríguez Saa. Quizáis non os soa, pero ao mellor se vos digo que naceu o Conde Waldemar, sí. Se aínda non sabedes quen é, vouvos contar un pouco da súa vida.

Manuel dedicábase as artes máxicas, a prestidixitación, o hipnotismo e a transmisión do pensamento. A época de maior esplendor da súa vida artística foi entre 1914 e 1930. Actuaba máis fóra que no seu país, e de feito o fixo por case todo o planeta. Chegou a actuar diante da nai de Alfonso XIII, precisamente o rei que lle otorgaría o título de Conde.

Ao retirarse dos escenarios, estableceuse en Galicia no ano 1970, onde seguía a facer maxia de perto e con moita proximidade ao público. Dise que foi mestre de David Bamber Fu-Manchú, un dos magos máis emblemáticos da historia. Ao morrer, no 1984, fanse memorias da súa figura e recóllese o seu legado artístico, con colectivos como o Colectivo Máxico de Waldemar.

Eu non sabía que Galicia tivera un mago tan importante no século XX, que non queda tan lonxe, e a verdade, síntome orgulloso de ser da mesma terra que él e gustoume coñecelo. Espero que a vós tamén os gustase.

3 comentários:

  1. Anónimo23.2.12

    O enlace de fumanchu esta en castelan que non encontrei nada en galego.
    Ivan

    ResponderEliminar
  2. Anónimo23.2.12

    Este comentário foi removido pelo autor.

    ResponderEliminar
  3. Anónimo23.2.12

    a min tamén me gustou saber de el iván, tampouco o coñecía dende o meu punto de vista fixeches moi ben a entrada felicitote
    sara

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.