Se fai moito que non vas ó cine porque non queres pagar tanto diñeiro por unha pelicula que ó mellor no che vai gustar, aconsélloche que en canto podas vaias a ver: Ós descendentes.
Esta pelicula dirixida por Alexander Payne e protagonizada nada menos que por George Clooney é unha comedia dramática que fala dun home adinerado da illa de Hawai -Matt King. A súa muller debátese entre a vida e a morte a causa dun accidente de barco en Waikiki. Isto obrígalle a recompoñer a súa vida pero sobre todo a relación coas suas fillas Scotie e Alexandra coas que sempre estivo moi distante.
Para colmo a sua filla comunicalle que a sua nai tiña un amante o que Matt terase que enfrentar, polo cal decide irse coas suas fillas a illa de Hawai. A partir deste momento Matt embarcarase nunha busca do amante da sua muller, estar mais presente na vida das suas fillas e algo máis complicado: vender as suas propiedades nas illas como os territorios virxenes.
Esta película esta nominada os oscar nas categorias de: mellor actor (George Clooney) que xa conquistou nos globos de ouro, mellor director, mellor película tamen conquistou nos globos de ouro como mellor película de drama, mellor guión adaptado e mellor montaxe.
Na miña opinión teñen poucas posibilidades nos oscar, menos no de mellor actor que agas unha sorpresa será para George Clooney. No de mellor película o ten moi dificil xa que a sua maior oponente The Artist (premio goya a mellor película europea) esta mellor colocada xa que e a película máis laureada do ano.
o enlace de Alenander Payne esta en castelán porque non atopei nada sobre el en galego
ResponderEliminarNico
Revisa, por favor.
ResponderEliminar