2012/02/01

Uxío Novoneyra (19 xaneiro 1930 - 30 outubro 1999)

   Naceu en Parada de Moreda, Courel, no 1930, poeta e escritor, fillo dunha familia de labregos. Centra a súa atención e inspírase nesta terra para escribir moitos dos poemas.

Estudou en Lugo, Madrid (onde escribe poemas en castelán)... Estivo en varias ocasións adicándose o servizo militar en distintas cidades da Península e mantivo amizade con Luís Pimentel , Manuel María e Luz Pozo Garza entre outros. 

1952, coñece a Pedrayo e algúns mais e están de acordo en escribir en galego. Un ano mais tarde enferma de pleuresía o que fixo que ata o 1955 non puidese publicar: Os eidos, máis tarde rematarao cun exemplar chamado Os eidos 2 e tamén escribe Letanía de Galicia e outros poemas (1974) ao mesmo tempo adícase o mundo da radio e televisión e casou cunha muller chamada Elba ca que tivo 4 fillos, pero un deles, só vivíu uns días.
Nos 80, comeza a recopilar ideas para incorporalas nas súas composicións, como: Libro do Courel (1981 dispón de varias edicións).
En 1983 muda a Santiago, escribe o seu primeiro libro de narrativa, e é onde exerce o papel de presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega, até 1999 (cando morre e entérrano no cemiterio lugúes de San Froilán).
    Publica Poemas caligráficos (textos relacionados a vangarda pictórica de
Brais Pinto e ilustrados por Reimundo Patiño).


Na 2ª metade dos 80, reuníu unha coleción de poemas paixonais e amorosos, (Muller pra lonxe-1987) , e pouco despois en, Do Courel a Compostela , de temática política, acompañados dunha crítica.
Foi no 1994, despóis dunha época de silencio, cando publica Poemas de doada certeza i este brillo premido entre as pálpebras finalmente, no 98 escribe Betanzos: Poema dos Caneiros e Estampas.   
 Novoneyra sempre expresa o apoio da lingua galega, sen deixar de facer que os escritos sexan bos a simple vista e utilizando recursos literais para salientar orixinalmente.

No 2010 celebrouse o Día das Letras Galegas a este gran escritor e nós, que non eramos menos tamén o festexamos a nosa forma no IES Elviña, se queredes ver un pequeno resume aquí tendes. Espero que vos guste! (Non vos fixedes moito nas pintas, porque dentro do que cabe... os anos pasan voando).


Mais información! E por se aínda non estades fartos... premede aquí!(Están case todas as obras citadas anteriormente).

3 comentários:

  1. graciñas por traer as vivencias do pasado... emocionoume o video

    ResponderEliminar
  2. Anónimo2.2.12

    Hahahahaha de nada :)
    Alégrome!

    Miriam

    ResponderEliminar
  3. Anónimo3.2.12

    excelentes enlaces

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.