A SÚA VIDA
Fillo dunha familia acomodada, Risco foi un rapaz de saúde delicada, amigo dende a infancia de Ramón Otero Pedrayo. Estudou Dereito na Universidade de Santiago, licenciouse en 1906 e ingresou no corpo de funcionarios de Facenda, con destino en Ourense.Neses anos participa en tertulias nas que se xuntaban intelectuais como Cuevillas ou Vázquez Núñez. No 1912, Risco coñece a Castelao, e, despois de ir ata Madrid para facer maxisterio entra no 1917, en Irmandades da Fala baixo a influencia de Losada Dieguez, funda con Arturo Noguerol a revista literaria La Centuria. No 1918 todo o grupo de La Centuria manifestou o seu compromiso co galeguismo contactando, a través de Losada Diéguez, coas Irmandades da Fala, tamén comeza a colaborar en A nosa terra. Risco desenvolveu un labor fundamental para recuperación e dignificación da cultura galega. No 1920 funda a revista Nós e colabora no Seminario de Estudos Galegos e, no 1922, independízase das Irmandades da Fala e de A Nosa Terra, para fundar a Irmandade Nazonalista Galega. Tras a creación da Irmandade Nazonalista Galega, escribe para Rexurdimento ,e, reanuda, as suas colaboracions coa A Nosa Terra. No 1930 marcha a Berlín durante catro meses para traballar na Universidade de Berlín e, despios de regresar, funda no 1931 con Predayo, o Partido Nazonalista Republicán de Ourense.É elixido do membro do seu consello executivo do Partido Galeguista, ainda que non lle entusiasma a democracia e rexeite a colabaración coo esquerda.
ETAPA FRANQUISTA
Durante a etapa do franquismo, vive en Madrid e Pamplona. Colabora El Pueblo Navarro, El Español, Pueblo e La Estafeta Literaria ademais publica en 1947 Satanás. Pero durante esta época, ten mais peso nas suas obras, o castelán que o galego. Risco xubílase en 1954, pero continúa a publicar traballos na prensa galega. En 1961 publica Leria, escolma de textos de antes da guerra civil española.
ALGUNHAS DAS SUAS OBRAS
O porco de pé; Nós, os inadaptados; Mitteleuropa; Teoría del nacionalismo galego;O bufón de El Rei.
A primeira vista pareceu un pouco pesado xa que o primeiro parrafo e moi longo. unha aperta.
ResponderEliminarManu e Darío