2012/04/15

CARAMUXO

O ano pasado durante as miñas vacacións en Monforte, topei co escaparate dunha tenda que me chamou atención, nel, había camisolas co típico humor da nosa terra: "algho farías", "do porco ata a cachola", "o que gharda... sempre tén"... Cando entrei na tenda o primeiro que fixen foi buscar as camisetas do escaparate, pero non dín con elas... .
Cansado de buscar, decindín preguntarlle a dependenta se tiña  algunha das camisolas do escaparate, por sorte si que lle había outras e, por sorte, (outra vez) quedáballe un modelo de camiseta da talla S, nela poñía: "Estou de volta e media" (co debuxo dunha peonza xirando) aínda que non foi unha das camisolas que más me chamou a atención do escaparate, decidín collela che que a outra  (a que vós amoso na entrada) quedábame demasiado grande.
Cando paguei, saín de tenda coma un neno cunha piruleta e, pensando en volver o próximo ano, e haber, se desta vez, lle quedan mais camisolas.
Ao chegar a casa decidín investigar un pouco sobre esta marca de roupa e descubrín, que se chama Caramuxo e que ten unha páxina web (moi ben feita por certo). Ao  parecer  son de Ría de Arousa e comenzaron a distribuir camisolas no 2005, antes, xa habían feito camisetas para movementos sociais. Na web podedes atopar máis información sobre eles ademais do catálogo para elixir.

3 comentários:

  1. Anónimo15.4.12

    Encántame a páxina!
    A ver cando te vexo ca camiseta!
    Miriam

    ResponderEliminar
  2. Estrutura en parágrafos

    ResponderEliminar
  3. Anónimo20.6.12

    correción feita

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.