2012/04/18

Chegan os coches ''a pilas''



O Renault Twizy presentouse oficialmente no Salón de París do ano pasado, onde puidemos coñecelo. Unha das cousas que mais chama a atención, ademais do seu deseño, é o seu prezo de só 4.950 euros, un prezo moi por baixo dos demais eléctricos.
Grazas á subvención podería saír máis barato que un scooter de tres rodas. Moitos estaredes pensando onde esta a trampa, pois ben Renault non vende as baterías, alúgaas, co cal é moitísimo máis barato, xa que sae a 45 euros ao mes por batería (con IVE) para contratos de 7.500 quilómetros anuais.

Este cuadriciclo eléctrico ten unha autonomía media de 100 quilómetros, pero dependendo das condicións de circulación pode facer só 55 km ou chegar a 115 km. Nun enchufe normal recargaríase por completo (desde cero) en só tres horas e media. É un vehículo pensado para cidade e periferia fundamentalmente.
Está á venda dende finais de ano, e fabricase en exclusiva na pranta de Valladolid. É o terceiro vehículo eléctrico que saca Renault ademais do Fluence Z.E. e o Kangoo Z.E. A vantaxe do Twizy é o seu prezo, tamaño reducido e axilidade en zona urbana.

2 comentários:

  1. Anónimo19.4.12

    Moi ben explicada a entrada! Para o meu gusto o coche non é moi bonito e non o considero seguro, aínda que poda que me equivoque.

    Isa

    ResponderEliminar
  2. Anónimo19.4.12

    Este comentário foi removido por um gestor do blogue.

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.