A historñia comeza cun cativo como Joseph Joffo que xogaba sempre as canicas co seu irmá, Maurice. Dous inocentes nenos que caeron na desgraza de vivir na etapa da Segunda Guerra Mundial e de seren xudeos.
Eles vivían no tranquilo París, pero a súa situación leuvounos a emprender unha viaxe de fuxida na que a súa infancia remata. Unha viaxe na que teñen que desconfiar de todos, aprender por si mesmos a sobrevivir, escapar dos soldados alemáns e deixar atrás o que sempre lles dixeran que estaba mal, mentir.
Unha historia contada desde a visión dun neno con moitos momentos de tensión e esperanza. A pesar de estar ambientada nunha etapa tan díficil non deixa de ser enternecedora. Sen dúbida recomendovos este libro que che acerca máis a esta parte da nosa historia.
Só decir que se queredes saber sobre o autor leades o libro, xa que a súa vida é a que está contada no libro, toda unha historia real.
enlaces, porfa
ResponderEliminar