2012/06/15

O uso dos móbiles na aula



Copy of O uso de celulares na escola on PreziActualmente o uso dos móbiles na escola está dando moito do que falar, porque sempre hai opinións de todos os tipos sobre a posibilidade do seu emprego.
Normalmente, moitos rapaces e rapazas están a levalo a clase como acto habitual, pero esto en teoría non debería ser así. Os pais din que pode causar moitos problemas de distracción, pero a opinión dos alumnos non é similar, porque... Por que non? Que problema hai? Distracción? Non, todo o contrario, de feito, nos EEUU úsano moitas veces como libro, é dicir, en vez de usar portátiles coma os de primeiro e segundo, usan os seus móbiles. É unha forma de facer máis atractivo o temario e sinceramente non me parece mala idea... Pero claro, por outra banda están os profosores que se cho ven xa te podes ir despedindo del que cho levan, aínda que normalmente son aos que máis lles soa nas aulas son os primeiros en confiscarcho.
Agora ben, eu creo que coa evolución das novas aplicacións e tecnoloxías podemos chegar a unha educación basada nestes aparellos porque esta idea ten moito futuro.
Dade a vosa opinión porque non todo o mundo ten por que estar dacordo comigo, un saúdo.

1 comentário:

  1. repites información que xa aparece no prezzi... revisa....mellora a presentación agora por escrito

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.