2012/01/23

Memorias dun neno labrego

O autor deste obra é Xosé Neira Vilas. A razón pola cal escollín este libro foi que xa o tiña na casa desde hai moito tempo e ademais foi o primeiro  que miña nai leu en galego.


O protagonista é Balbino, un rapaz da época da posguerra, que non entende porque a súa familia ten que traballar para o señor. Por outra parte, Balbino colle un gran odio contra o señor é o seu fillo, xa que éstes viven comodamente gobernando sen traballar, mentras que a súa familia traballa arreo para poder sobrevivir.




O que máis me chamou a atención foi a forma en que Balbino narra os costumes daquel tempo, por exemplo: loito, ir sempre a misa, ter que pasar fame... Ademais o protagonista sempre pensaba que unha das solucións de escapar da miseria, era emigrar. Finalmente, destacar que o autor quérenos dar a enteder que o galego era falado polas clases baixas no rural, pola contra os ricos falaban castelán como o demostra o fillo do señor cando insulta a Balbino. Tamén encontrei moitas palabras galegas que agora pouco se usan : cabezote de eixo, axugados... porque os traballos do campo cambiaron.



Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.