2012/03/27

Ollos de Auga


O autor deste libro chámase Domingo Villar, guionista de cine e televisión e tamén crítico gastronómico. Adentrouse no mundo da escritura onde non lle va nada mal, Ollos de auga obra gañadora de varios premios xunto a A praia dos afogados as súas obras máis significativas.


Ollos de Auga é unha novela que trata sobre un crime que transcorre na illa de Toralla onde o policía Leo Caldas xunto co seu axudante Rafael investigan a morte do saxofonista Lois Reigosa.


As primeiras sospeitas indican que o asasino é Dimas Zuriaga xa que era o doutor de Lois e o encargado da distrubución de formol, substancia que lle provocou a morte. Esta substancia foi inxectada no pene de Lois por iso pensábase en primer lugar que o único candidato era Dimas. Pero a visita ao pub Idílico, un pub de homosexuais, resolve moitas dúbidas xa que Orestes un dos pinchadiscos do pub foi encontrado morto e con el, fotos do doutor e Lois. Os investigadores danse conta que Orestes chantaxeábaos coas fotos de eles dous.
Leo Caldas es a punto de resolver o misterio e finalmente dase conta de que a muller do doutor e máis coa axuda do seu amante cometera os crimes, xa quetraizoada polo seu marido


Ollos de auga dende o meu punto de vista é unha obra entretida e cun sorprendente final que recomendaría a calquera persoa xa que non se fai demasiada longa e ademais e facil de ler.

5 comentários:

  1. Por que nos descubres o final?
    substancia
    revisa...

    ResponderEliminar
  2. Miguel ó final non teríalo que haber dito,
    agora xa non terá emoción leela...


    Adrián

    ResponderEliminar
  3. Estamos dacordo cos demais creo que nos chafaches o final do libro, e a nosa pregunta e porqué?

    Manu e Darío

    ResponderEliminar
  4. Pido desculpas por contar o final teño que correxir esta entrada. Pero de todos modos estos comentarios constructivos sempre son ben recibidos. Un biquiño ourensan

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.