2012/06/19

San Xoán



A noite de San Xoán é da noite do 23 ao 24 de xuño. Antes de ser cristianizada era unha relixión popular na que os espiritos do mal actúan na oscuridade na procura de algunha víctima. Este rito consiste en prender unha fogueira coa finalidade de dar máis forza ao sol, xa que a partir deses días vaise facendo maís debíl.
En toda Galiza celébrase o San Xoán, as fogueiras préndense chegado ó dia 24, é dicir, pasada a media noite nós temos a costume de saltar nove veces a fogueria para ter boa sorte.
É importante nomear as foguerias da illa de Arosa na que cada ano préndense centos de fogueiras, tamén recollen plantas aromáticas de varias clases que as deixan en auga ata o dia seguinte. Ademáis na cidade da Coruña logra o mérito de ser considerada a festa do interese turístico. A cidade enteira sae as rúas a festexar a noite máxica.
Préndense centos de foguieras en todos os barrios da Coruña e moitas máis aínda nas praia de Riazor e Orzán. Os coruñeses celebramos a chegada do verán con multitude de fogueiras. O bo ambiente da festa trae cada ano maior número de turistas.

A comida típica desta noite son as patacas asadas coa pel, as sardiñas asadas e de bebida a Queimada. Esta festa celébrase en toda Galiza.

1 comentário:

  1. http://lendasetradicionsgalegas.blogspot.com.es/2011/11/fogueiras-de-san-xoan-en-galicia.html

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.