2012/01/23

1621 A inquisición e Maria Soliña

María Soliña era unha muller de 70 anos que vivía en Cangas. No ano 1621, membros da Inquisición deteñen a María acusándoa de bruxería. Despois de varios días soportando unhas palizas insufribles, confesa que leva máis de 20 anos facendo bruxería e que ten contacto co demo. Pero, a detiveron por meiga, ou había outro motivo?


No 1617, un grupo duns 1000 piratas atacaron a vila, causando moitas mortes. Entre elas, a de Pedro Barba, o marido de Soliña. Nesta época, a igrexa e a fidalguía atravesan unha crise económica, polo que non sería moi extraño que os denunciantes quixeran aproveitarse dos bens de Soliña, non credes?


A pena que lle impuxeron foi a retirada dos seus bens, 6 meses de cadea e o hábito, que servía de escarmio para o acusado e de exemplo ante os demais.
Non se sabe como acabou Soliña, pero suponse que non sobreviviu moito tempo ás torturas recibidas.
Non hai acta de defunción e descoñécese onde está enterrada, pero a súa historia quedou como exemplo dos abusos do poder contra os máis débiles. 

Aquí tedes o poema de Celso Emilio Ferreiro sobre ela, e aquí o tedes cantado por Luar na Lubre.

Sem comentários:

Enviar um comentário

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.