2012/01/23

''O noso encontro''.

     Estás a 119 km de mín. Sei que xa estou preto de tí, por como vai mudando o reflexo no cristal. Como se vai mesturando a teu rostro co meu rostro.
Illado entre dúas montañas, arroupadas por toda unha gama de cores, que me chamaron a atención dende a primeira vez que te vín. Quédame moi pouco para verte ao fin. Xiro a vista para calmar a ansia.Vexo un cartel que pon en letras vermellas "Hotel Mirador".Gustaríame saber se dende alí a túa imaxe é máis fermosa do que xa era .
     Es todo o contrario ao demais que coñezo. Non hai gritos nas túas calles, nin botellóns nas túas fontes.  Os teus parques estan feitos de herba e silencio, e os teus ríos cheos de amizade, auga e pedra.
Estou chegando tarde, coma sempre. Pero ti perdonasmo, xa me coñeces. Estarás agardándome,  porque tí mellor que ninguén sabes que as cousas boas fanse esperar.
     Chego a entrada. Só penso en correr, en apurar. Porque anhelo verte .A tí e ao teu verde.A miña cor favorita.
     Xa vexo a alameda, xa vexo a igrexa, xa vexo os bares que tanto coñezo. Xa te vexo.
     Dáme o mesmo que dirección escoller, pos todas as rúas levaranme ao centro. A onde desexo chegar, ao teu corazón. En cada pedra noto a túa presenza, a túa paz. Só tí es capaz de crear esa tranquilidade. Da igual que o resto do mundo se levante en pé de guerra, a tí non te afecta, tí estás vacinado.
     En cada esquina innundame os recordos dos teus amigos. A morriña faime sorrir. Pero eu xa sei con quen vou ir a verte ,esperándome no mesmo lugar de sempre.
    Baixo do coche, collo a maleta e vou pensando se ti xa sabes que estou aqui dado que ao apoiala o ruído resoa en cada un dos teus recunchos. Levanto a cabeza, non fai falta que mire porque xa sei en que banco e como está sentado ,o noso mellor amigo, Álvaro Cunqueiro. Séntome ao seu lado e parece que ao facelo protéxeme co seu brazo esquerdo. Observo a onde dirixe a súa mirada, aínda que xa sei de memoria para onde vai,  cara tí .Volvesme namorar coas túas campás, a túa fachada, os teus arcos, as túas bovedas,a túa rosaleda...como se fose a primeira vez que te vexo.
   Aínda que todo isto pareza un conto ou un soño non o é, es tí... Mondoñedo.

1 comentário:

  1. Parabéns, de verdade!
    Encántoume! Supuxen dende un primeiro momento do que estabas a falar, pero, finalmente quedoume claro.
    Encántame a túa forma de escribir, realmente admírote! :)
    Segue así e chegaras moi lonxe, asegúrocho!

    Miriam

    ResponderEliminar

Nota: só um membro deste blogue pode publicar um comentário.