Erin Gruwell sácase o título de profesora e agarda con entusiasmo a súa primeira clase de Literatura cos seus novos alumnos, pero non sae todo como imaxinara. Tocáralle unha clase con distintas bandas: estaban os asiáticos, os latinos e os negros; e no medio deles tan só un rapaz branco. Ela tiña moita ilusión e confiaba en que os rapaces podían traballar e arranxar os seus problemas. Ao principio tivo moitos enfrontamentos con eles, pero co paso do tempo e das actividades, conseguiu mellorar a relacion da clase.
Propúxolles ler o libro de Ana Frank. Ao principio non lles interesou moito, pero ao final acabaron enganchados e enfadados por como acababa. Ao ver isto, Erin propúxolles que escribisen un diario no que puxeran o que lles dera a gana. Todos os alumnos escribiron a súa vida, e é nese intre cando te das conta do mal que o pasaron na súa vida.
Encantoume. É espectacular.
Cóntache a realidade dunha época escura e violenta tal como foi
e faite pensar moito.
Se alguén non a viu, ten que vela canto antes.
É moi boa.
Cóntache a realidade dunha época escura e violenta tal como foi
e faite pensar moito.
Se alguén non a viu, ten que vela canto antes.
É moi boa.
