2015/08/10

Obradoiros de videoarte..

    

Un obradoiro... creación contemporánea como a acción , a performance, a poesía e o vídeo...   cadáveres exquisitos…texto en grupo en clave actual. 

Despois do traballo como guionistas os rapaces converteranse en actores e actrices para interpretaren ese texto a través da imaxe empregando recursos variados, a través de elementos moi básicos na caracterización.

Este proceso será gravado, producido e finalmente proxectado na sala de exposicións de NORMAL como un elemento máis da mostra que poderá ser contemplado por calquera visitante e por suposto polos seus protagonistas.


2012/06/29

DESPEDÍMONOS

4º ESO curso 2011/2012 _IES ELVIÑA_ on PhotoPeach

2012/06/24

Final da Copa da Costa 2012: Monocolor laranxa


Santa Comba, campion da ‪#copadacosta‬2012 

Polo menos algo vai ben no paisiño!

O Lugo regresa a Segunda vinte anos despois, completando unha gran tempada e sumándose aos éxitos de Dépor, Celta e Ourense

Outro xeito


¿Cómo transmitir a lingua galega de maneira orixinal? ¡No instituto sabemos como facelo!
E senón que nolo digan aos que participamos no club de lectura. Artistas como César Morán véñenos incautar no mundo galego a través da súa música, que se básea nos poemas de Álvaro Cunqueiro como os que nos ofrece no seu libro.



Na nosa opinión é un cantautor que quizáis para os máis novos sexa un tanto incomprensible, pero sabemos que se tratas de entender o seu punto de vista comprenderás mellor a súa maneira de ver o mundo e transmitirnolo tal e como o sente; mostrándonos así novas sensacións dende unha obxectividade galega. Sabemos que non é o tipo de música que adoitamos escoitar, pero precisamente por iso é tan importante, porque toda cultura a canta poidamos aceder é pouca neste mundo difícil no que é tan importante.

Refeiçoes portuguesas

Para empezar, refeiçoes significa comida en portugués, así que, claro está, imosvos deleitar cunhas cantas maravillas dos nosos veciños.



Alheira é un cocido que leva carne de porco, polo, aceite, manteca de porco, allo e especias. É parecido ao noso caldo, e pódese facer de diversos xeitos. 

Os ovos moles de Aveiro, a fermosa Venecia portuguesa, é un doce típico desta cidade. Trátase dun doce rexional e tradicional que apareceu nas feiras dos conventos existentes ata o século XIX.

A súa preparación consta tan só de tres ingredientes básicos:
                         - xemas de ovo                                             
                         - azúcar                                         
                        -  fariña de arroz         
cos que se fai unha masa coa que logo se enchen uns moldes de diferentes formas e que tamén se comen.
                                                                                                                       
Os Pasteis de Belém son moi populares en Portugal, só sabemos que levan nata e son espulverizados con canela ou azucre, a receita orixinal é un segredo da Fábrica de Pastéis de Belém, así que se os queres probar, este verán tócache facer unha visita a Portugal.

2012/06/21

Adeus a todos

Como xa sabemos acábase o curso e queria decirvos que foi un curso extraordinario e estou moi contento coa clase o único que algúns non volverán a estar con nós o ano que ven como Héctor, Damian ou Camila incluso pode que eu non estea o ano que ven asi que queria decirvos feliz verán a todos pasadeo ben nas vacacións aburiño =)

Déixovos abaixo un enlace dun documental feito por uns nenos de Valladoliz para que Pepa non diga que non poño enlaces jajaja
aqui o tedes é sobre cosplay

2012/06/20

Wiz Khalifa


Cameron Jibril Thomaz, es o nome do famoso rapeiro mais coñecido como Wiz Khalifa, na actualidade ten 24 anos, é fillo  dun militar e os seus pais divórcianse cando apenas tiña 3 anos.
Viviu en Inglaterra, Alemaña e Xapón antes de irse a vivir definitivamente a Pittsburgh onde levou a cabo os seus estudos no Taylor Allderdice High School.


Actualmente representa a un dos maiores estándares do xénero "Gangster Rap", realizou o seu debut no ano 2006 co lanzamento do álbum "Show and Prove"e tres anos despois o segundo chamado "Deal or no Deal".




Fai un ano sacou o seu ultimo álbum polo momento "Rolling Papers", o seu primeiro sencillo Black and Yellow chegou a ser o número un de Billboard Hot 100, xunto a outros éxitos deste álbum como Roll up, No Sleep e On My Level.

Agora esta grabando o seu próximo disco O.I.N.F.C. que sairá a venta o 28 de Agosto de 2012.

Se vos gusta o rap, e volo recomendo 100%

O soño sulagado.



Esta avaliación lín este libro de poemas porque encantame a poesía e quería profundizar máis sobre o autor, xa que todos o estudamos este ano.

Celso Emilio Ferreiro

''O soño sulagado'' é un libro con trinta e dous poemas nos que os seus versos falannos de medo, de represión, de rebeldia ... Se recordamos un pouco o dado en clase, daremonos conta de que cando Celso Emilio escribía era na posguerra. Ou sexa en medio dunha dictadura. Naquel tempo non se podía escribir nada en galego e aínda menos como el o facía.

''Soio cando chegaba ós meus ouvidos
a doce voz de mel da miña vella,
xa non tiña medo.''



''Non me chame ninguén por outros nomes,
alcumes meus en fígoas entrevistos,
escura voz dun soño sulagado.''
Pero nos seus poemas hai moito máis que silenzo e bágoas. Neste libro tamen cultivou a poesía intimista e deixou claro que é un poeta con todalas letras. Gustoume moito lelo por min mesma e descubrir tanto sentimento en cada verso. Fíxome comprender moito mellor como se debe sentir un cando lle quitan, asi sen máis, a súa libertade.
Recomendovolo a todos e asegurovos que vos encantara.

''Os outros edificios.
Os outros funcionarios.
Os outros fiñanceiros.
Os outros ideais.
¡Todo será borralla radiactiva!
(Poema nuclear)








Tengo ganas de ti

O filme Tengo ganas de ti estréase o dia 22 de xuño, este filme e a continuación de 3 Metros sobre el cielo que seguramente moitos de vós xa coñeceredes. Estas filmes tán baseadas na novela do italiano Federico Moccia. Esta filme española estaprotagonizada por Marios Casas e María Valverde esta pelicula no so convertiuse no mellor estreo de 2010 se non a maís taquilleira.
'' Tres metros sobre el cielo'' é un drama romántico pra adolescentes que narra a historia de dous xóvenes que pertencen a mundos diferentes. Babi, que écomo se chama a protagonista é un moza de clase media-alta; Hache é un mozo rebelde, impulsibo, aficionado ao resgo pero os seus camiños xuntáronse sen podelo evitar e as súas vidas cambian por compreto, enamoraronse e viviron unha historia de amor única pero como moitas outras non acabou ben debido a que ela no pertencía a o seu mundo.
O filme ''Tengo ganas de ti'' conta que el despois de 2 anos vivindo enLondres volve e terá que enfrentarse ao seu destino, teráque volver ver o amor da súa vida e olvidala, volvere namorarse e vengarse do que lle pasou a o sue mellor amigo Pollo, saberemos como remata esta saga o venres 22 de xuño.

Acabouse o que se daba.






Este venres como todos sabedes remata o curso, un curso que non sei a vós, pero a min fíxoseme duro de ca...llo, aínda que cunha clase como a que teño todo se fixo mais livián.
Remata un curso no que tivemos centos de excursións, moitas actividades, e proxectos, como o de Radio Elviña que segue a dar guerra.



Pola miña parte, dicirvos que foi un auténtico pracer, coñecín a xente que xuraría que era peor do que parecía e resulta que estaba mais equivocado que Rajoy cos recortes en educación e sanidade, tamén me gustaría darvos as grazas por axudar, non só a min, se non a todo aquel que o precisaba.Bueno, non sigo que se non non paro, se vos sona a despedida estades no certo, é moi probable que o ano que ven non oiades o nome de Paco con tanta frecuencia como este, pero cada un debe seguir o seu camiño e pretender conseguir o que quere.



Grazas por lerme e como dixo Doc Brown de Regreso ao Futuro:



''Vémonos no Futuro''


Dengeki Daisy



Esta entradiña voulla adicar ao manga que estou a ler, Dengeki Daisy. A historia é unha comedia romántica shojo que actualmente se publica en Xapón.

Cando o irmán maior de Teru (principal personaxe) morreu, ela quedouse soamente con un movil que lle permitiría contactar con un personaxe difícil e descoñecido chamado Daisy, que o irmán de Teru dixera que sería "o seu apoio cando xa non fora capaz de facelo". Dende aquel momento Daisy pasou a ser o único e gran apoio para Teru, á cal xa lle enviara palabras de alento a través do teléfono, xa que tras a morte de seu irmán enfrentábase a súa vida sola.

Unha tarde, a protagonista rompe accidentalmente unha ventá da escola, e como resultado terá que "pagar co seu corpo a ventá", realizando diversos labores para o cruel e malhumorado porteiro da escola Tasuku Kurosaki. A relación entre ambos empeza a superar á de amo e criada, e ela comeza a cuestionarse a verdadeira identidade de Daisy. ¿Podería ser Kurosaki o seu amado Daisy? E mentres tanto, Kurosaki encontrase constantemente atraído por Teru, ¿conseguirá alcanzala?

2012/06/19

A outra cara da moeda


A outra cara da moeda


Na miña presentación falei dun tema un pouco difícil de tratar nesta zona de Galicia. A rivalidade entre o Celta de Vigo e o Deportivo da Coruña é un enfrontamento xa histórico. Coruña e Vigo loitan por ter o equipo que represente Galicia, esta batalla lidéraa o Depor, de momento.Pero a miña intención era a de convencer os meus compañeiros de clase, deportivistas de corazón, que lle deran a importancia que ten que tanto o Depor como o Celta conseguiran o ascenso á máxima categoría.




O Deportivo foi o lider da categoría pero o Celta tamén fixo unha tempada magnífica, e máis mérito ten aínda se nos damos de conta dos problemas económicos que pasou o equipo Vigués e como conseguiu superalos coa xente da canteira, algo moi valorado no mundo do fútbol. A cidade de Vigo botouse as rúas para celebrarlo, foi unha gran festa en toda a cidade.

Pero eu non quería soamente alabar o ascenso do Celta de Vigo senón de decatarse o beneficio que acarrea que os dous equipos representantes de Galicia ascenderan a Liga BBVA. Tanto beneficio económico como a importancia que se lle dara a Galicia cando compita no fútbol de alto nivel. Os galegos témonos que dar conta que isto axuda a Galicia e ao galego e temos que conseguir un boa relación entre ambas afeccións deixando a rivalidade aparte.

Aqui vós deixo unha reportaxe sobre o ascenso do equipo vigués.


A praia das Catedrais




A praia das Catedrais recibe este nome debido á apariencia de acantilados e sitúase no noreste de Lugo, preto de Ribadeo. É unha zona de gran interese paisaxístico e xeomorfolóxico (rama que vén da xeografía e da xeoloxía) e é unha das praias máis visitadas turísticamente do litoral galego.

Este precioso monumento natural (declarado pola consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia) exténdese ata a rasa cantábrica, unha plataforma de abrasión mariña emerxida durante o Terciario, era que abrangue dende hai 65 millóns de anos ata a actualidade, e mide 10-20 m de alto e ten 2Km de lonxitude, no que se pode encontrar pequenos cantís mariños e praias de area intercaladas con illotes, promotorios, arcos e fumas de diferentes formas debido ao derrumbamento de bóvedas de antigas grutas mariñas.

Cando a marea está baixa pódese pasear sobre as praias da zona ou sacar fotografías espectaculares (como a que vedes enriba na dereita).
Aínda que a maior parte de espazo natural limítase ao dominio marítimo-terrestre, tamén inclúe na súa proporción occidental unha extensiónn do brezo e do toxo, que caracterizan aos matorrais costeiros.

Cada ano son moitos os visitantes que se acercan para contemplar o fermoso traballo que fixeron o vento, mar e tempo.